lunes, 24 de enero de 2011

Tema 2. Creación de redes locais.

2. CREACIÓN DE REDES LOCAIS

* Dispositivos de interconexión.
* Instalación e configuración de dispositivos.
* Conexión dos compoñentes.
* Redes mixtas.
* 5 fotos sobre o tema, cada unha co seu título.
* 1 texto con ligazón a unha páxina web que trate do tema.

Dispositivos de interconexión:

Os dispositivos precisos para poder interconectar todos os equipos, formando una rede de área local, variarán en función das características da rede. Os máis comúns son:

-Tarxetas de rede. Cada un dos equipos debe ter instalada una tarxeta de rede. As tarxetas poden ser
   *Ethernet. Utilizan un conector RJ-45, semellante ao do teléfono, que é onde irá conectado o cable
   *Wifi. Son tarxetas inalámbricas que permiten conectar o ordenador a rede a traves de ondas. Pódese empregar a de calquer fabricante sempre que cumpla os estándares.

                               Taxeta de rede.


-Concentradores. Son os dispositivos que conectan os cables que proceden de cada equipo. Para iso dispoñen de portos con conectores RJ-45. Os concentradores poden ser:
   *Hub. É o máis básico e emprégase en redes pequenas. Os datos que lle chegan son enviados a todos os equipos da rede. O ordenador destinatario recibe a información e o resto a omiten.
   *Switch. Realiza a mesma función que un hub pero de forma "intelixente", xa que soamente envían os datos ó equipo destinatario.

                                 Concentradores.

-Punto de acceso. Teñen a mesma funcionalidade que os hubs ou switch, pero cambian cables por ondas.

                                  Esquema dun punto de aceso.


-Router. É máis avanzado que un concentrador e permite xestionar direccións IP, conectar distintas redes entre si, establecer a conexión a internet, etc. Se o router é inalámbrico, é posible conectarse directamente mediante os equipos sen necesidade de concentradores ou cableado.

                                         Router


-Cables de rede. Ainda que existen varios tipos, o máis empregado en redes locais é o par trenzado. Trátase dun cable formado internamente por oito fíos conductores que se atopan trenzados de dous en dous para apantallalo contra interferencias.
Cando se trata de redes con requerimentos de altas velocidades recúrrese a cables e dispositivos de fibra óptica. Encarece o montaxe dunha rede pero as prestacións son altas.

                                       Cable de rede.


Instalación e configuración de dispositivos:

A instalación e configuración de dispositivos de interconexión é sinxela. Algunas nocións básicas son:

-Tarxetas de rede. Retirar a carcasa do equipo e conectar a tarxeta en unha das ranuras de expansión disponibles. É preciso instalar os drivers da tarxeta no equipo, para iso , temos que seguir os pasos que facilita o proveedor empregando o disco de instalación.

-Concentradores. Non requeren de configuración e basta con conectalos a corrente eléctrica para que realizen a súa función.

-Punto de acceso. Simplemente deben estar conectados, con un cable, ao router ou outro ordenador.

-Router. Ten que ser configurado cos parámetros do proveedor de internet. Normalmente ven configurado para comezar a funcionar. Se é inalámbrico é convinte asegurarse de que a redes inalámbrica ten a seguridadehabilitada para impedir que outros usuarios teñan acceso.

-Cableado. Nun extremos conéctase a tarxeta de rede do equipo e no outro o concentrador ou router. Hai que ter en certas preocaucións na instalación como non doblar o cable, non fixalo a parede con material que o poida dañar, etc.

Redes mixtas:
É posible crear una rede mixta con equipos cableados e equipos inalámbricos.
Para iso, emprégase un punto de aceso inalámbrico. Este punto permite conectar ambos tipos de redes . É moi útil para conectar un portátil ou equipo alexado a unha rede cableada.

Conexión dos compoñentes:
Actualmente a maioría das redes están organizadas en torno a un punto central que interconecta os dispositivos que a compoñen. Esta estructura coñécese como topoloxía en estrela e caracterízase por conectar todos os equipos a un concentrador.
Un dos equipos de esta rede pode actuar como servidor de impresión, servidor de correo, etc.
Para que a rede teña conexión a internet, soamente hai que conectar o concentrador a un router conectado a internet. Isto convirte esta rede de área local en una intranet.
Para crear subredes ou ampliar a rede é posible conectar concentradores entre sí empregando un porto especial que dispoñen para iso.
 Aquí unha páxina con máis información sobre o tema.

No hay comentarios:

Publicar un comentario