viernes, 21 de enero de 2011

Tema 2. Redes informáticas.

De cada un dos 8 puntos do tema, tes que facer 1 entrada no teu blogue, que deben contar o seguinte contido:

1. REDES INFORMÁTICAS.

* Definición.
* Tipos de redes.
* Equipos dunha rede.
* Redes WLAN.
* Recurso compartido.
* Conceptos básicos.
* 1 vídeo sobre o tema (facendo ligazón dende YouTube).
* 1 texto con ligazón a unha páxina web que trate do tema.

 Que é unha rede?
Unha rede é un conxunto de ordenadores conectados entre sí, que poden compartir datos e recursos.
A rede máis simple consta de dous ordenadores e a súa complexidade pode aumentar ata conectar miles de ordenadores de todo o mundo, tal como sucede coa rede de internet.

Tipos de redes

As redes poden clasificarse de acordo con varios parámetros:

Según o tamaño ou área de cobertura,redes de área local
   -Redes de Área Locar (LAN, Local Area Networks). Son redes de pequena extensión (rede dunha universidade, edificio, unha casa, etc.

   -Redes de Área Extensa(WAN, Wide Area Networks). Estas redes interconectan equipos xeográficamente máis dispersos (unha cidade, un país ou incluso distintos continentes).

Según o nivel de acceso ou privacidade
  -Internet, é una rede mundial de redes de ordenadores. Caracterízase por ser de acceso público e permitir aos usuarios comunicarse e compartir informacióne servizos en todo o mundo.

  -Intranet, é una rede locar que utiliza as ferramentas de internet(web, correo electrónico, etc) Pódese considerar como unha internet privada que funciona dentro dunha mesma institución.

  -Extranet, é una rede privada virtual, resultante da interconexión de dous ou máis intranets empregando para iso internet como medio de conexión.

Equipos dunha rede:

   -O servidor: É o ordenador que proporciona recursos compartidos e servizos aos usuarios dunha rede. Os servizos poden ser de web, correo electrónico, impresión, etc.

   -Os clientes: Son o resto de equipos conectados a rede. Normalmente estos equipos traballan de forma autónoma accedendo a rede para intercambiar a información ou empregar recursos e servizos que ofrece o servidor.

Redes WLAN:
Un tipo de redes de área locar bastante estendidas son as redes de área local inalámbricas ou WLAN, Wireless Local Area Networks. Estas redes permiten aos usuarios acceder a información e recursos sen necesidade de estar físicamente conectados a un determinado lugar.

Recurso compartido:
Un recurso compartido é calquer dispositivo, conxunto de datos ou programa que pode compartirse en una rede. Poden ser recursos compartidos os arquivos, os cartafoles, unha base de datos, o disco duro, unha impresora, lector DVD, etc.

Conceptos básicos sobre redes:
Cando se traballa con redes é preciso coñecer unha serie de conceptos que son básicos para o seu montaxe, configuración e posterior uso. Algúns deles son:

   -A comunicación: É o proceso que involucra a un emisor, a un mensaxe que será transmitido a traves dunha canle e a un receptor.
En unha rede, os ordenadores son emisores e receptores ao mismo tempo. O canle é o medio polo que circulan os datos: cables, fibra óptica, ondas, etc.

   -Protocolo: Para que emisor e receptor poidan entenderse entre si é necesario que utilizen o mesmo linguaxe. En informática, a este linguaxe e conxunto de reglas chámselle protocolo. O protocolo máis empregado é o que emprega internet e chámase TCP/IP

   -Direción IP: É a direción de rede do ordenador. Cada un dos ordenadores que forman parte da rede se identifica por un número denominado direción IP. A direción IP está formada por catro números separados por puntos, cada un dos cales pode tomar valores entre 0 e 225.

   -Máscara de rede: Número similar a direción IP, que determina que parte da direción IP especifica ao equipo e que parte da subrede a que pertence. Se emprega para crear subredes.

   -Grupos de traballo: Os equipos agrúpanse en subredes para facilitar o uso. Para que os equipos dunha rede se poidan conectar entre sí teñen que estar no mesmo grupo de traballo.

   -Porta de enlace ou Gateway: É a direción IP a través da cal se sae da rede local hacia ó exterior, xa sexa outra rede ou internet. Soe ser a IP do router.

   -DNS, Sisteman de Nomes por Dominio: As dirección IP son difíciles de recordar polos usuarios. Por iso emprégase o DNS que asocia as direccións IP a un conxunto de palabras máis doadas de recordar.







En esta páxina web, atoparás máis información sobre as redes informáticas

No hay comentarios:

Publicar un comentario